Skip to main content

‘Fagos contra superbacterias’, a cargo de Pilar Domingo Calap

20/10/2022 - 11.45 horas

A investigadora Ramón y Cajal no Instituto de Bioloxía Integrativa de Sistemas da Universidade de Valencia Pilar Domingo Calap afondará sobre como o mal uso dos antibióticos favorece a aparición de superbacterias resistentes

Pilar Domingo Calap
Pilar Domingo Calap

A investigadora Ramón y Cajal no Instituto de Bioloxía Integrativa de Sistemas da Universidade de Valencia Pilar Domingo Calap abre o día 20, ás 11.45 horas, na sala de xuntas da Facultade de Veterinaria, o ciclo de divulgación científica sobre aplicacións xenómicas e biotecnolóxicas que melloran a produción, xestión e a seguridade de especies de interese económico do sector primario, co relatorio ‘Fagos contra superbacterias’.

Na súa intervención, Domingo Calap explicará como o mal uso dos antibióticos ten favorecido a emerxencia de bacterias multirresistentes que hoxe en día constitúen un problema de saúde a nivel mundial. Ante a inexistencia de tratamentos dispoñibles e a necesidade de desenvolver terapias alternativas eficaces, esta investigadora falará dos fagos (virus de bacterias) como unha ferramenta prometedora contra a loita das bacterias multirresistentes, tanto a nivel clínico, como tamén no plano da prevención e mesmo do diagnósticos de infeccións bacterianas.

The contents of this page were updated on 10.17.2022.