Skip to main content

Presentación do documental

'Cidade da selva: Fuxidos e Guerrilleiros nos montes de Casaio'

10.18.2022 | 12.00h-14.00h

Santiago de Compostela
Aula 12

Crónica cinematográfica da última fronte da batalla da Guerra Civil Española

Cartel do evento
Cartel do evento

O filme documental dirixido por Miguel Riaño reconstrúe a historia dos fuxidos nos montes de Casaio (Ourense) dende a creación deste asentamento ate a súa cruenta destrución a mans da Garda Civil en 1946. Cara a ese fin, a obra reúne testemuños de persoas relacionadas co grupo e figuras expertas alén de numerosos achados arqueolóxicos. 

O audiovisual, producido de maneira cooperativa retrata o que se demostrou un enclave imprescindible na resistencia antifranquista e bota man do traballo arqueolóxico, historiográfico e antropolóxico do proxecto Sputnik Labrego 

'Cidade da selva: Fuxidos e Guerrilleiros nos montes de Casaio' preséntase o martes 18 de outubro ás 12.00 horas na Aula 12 da Facultade de Xeografía e Historia  nun acto que contará coas intervencións do director, Miguel Riaño; dunha das integrantes de Sputnik Labrego, Laura Martínez Panizo, e do investigador de Hispona e profesor da USC, Emilio Grandío Seoane. 

A asistencia é libre ata completar a capacidade da aula. 

 
The contents of this page were updated on 10.18.2022.