10.19.2022 | 18.00h-20.00h
Un filme do cineasta xaponés Kaneto Shindō

O Ciclo de Cinema Filosófico, organizado polo Cineclub da Facultade de Filosofía, programa o mércores día 19 de outubro ás 18.00 h a proxección do filme Onibaba (1943), do cineasta xaponés Kaneto Shindō.
A proxección (en VOSE) terá lugar na Aula 1 da Facultade de Filosofía e forma parte dun miniciclo de cinema de terror que se estenderá ata o 2 de novembro. A presentación do filme correrá a cargo de Jaime Rea e Beatriz Guillén Aleluia.
A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.