Skip to main content

I Xornadas de Empregabilidade en Enxeñaría Ambiental

10.27.2022 | 14.45h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

O encontro procura fomentar o contacto entre o alumnado actual e egresado, o profesorado, o persoal investigación e as e os profesionais do mundo da empresa e a administración no sector da enxeñaría e as tecnoloxías ambientais

Escola Técnica Superior de Enxeñaría. FOTO: Andrés Fraga
Escola Técnica Superior de Enxeñaría. FOTO: Andrés Fraga

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC promove as I Xornadas de Empregabilidade en Enxeñaría Ambiental, que se desenvolverán o xoves 27 de outubro no Salón de Actos do centro. 

O encontro procura fomentar o contacto entre o alumnado actual e egresado, o profesorado, o persoal investigación e as e os profesionais do mundo da empresa e a administración n sector da enxeñaría e as tecnoloxías ambientais

A sesión de apertura, programada o xoves 27 ás 14.45 horas, contará coas intervencións de Gumersindo Feijoo Costa,  vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación; Óscar Rodríguez Figueiras, membro do equipo de dirección da ETSE; e  Francisco Omil Prieto, coordinador do Máster en Enxeñaría Ambiental. 

A seguir, diversas mesas redondas explorarán cuestións como o itinerario profesional na empresa e na administración, as experiencias profesionais de egresados e egresadas; os  camiños da investigación no Centro Interdisciplinar de Investigación en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS); ou os itinerarios formativos neste ámbito. 

A participación é gratuíta previa inscrición (antes do 25 de outubro) a través de correo electrónico a  aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es) ou rosamaria.arcos [at] usc.es (rosamaria[dot]arcos[at]usc[dot]es)

The contents of this page were updated on 10.27.2022.