Skip to main content

IV Xuntanza do Club de Masculinidades Disidentes

11.14.2022 | 17.00h-19.30h

Santiago de Compostela
Visionado 1

O encontro inclúe o relatorio 'Os desacougos da masculinidade', de Antonio Agustín García (UCM)

IV reunión do Club de Masculinidades Disidentes
IV reunión do Club de Masculinidades Disidentes

O 14 de novembro desenvolverase a IV Xuntanza do Club de Masculinidades Disidentes, unha iniciativa impulsada pola Oficina de Igualdade de Xénero da USC que procura reformular os esquemas, valores, condutas e pensamentos asociados ás masculinidades hexemónicas.

O encontro arrancará ás 17.00 horas na Sala de Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación, cun saúdo do seu coordinador,  o profesor da USC Jorge García Marín. Axiña dará pasao ao relatorio 'Os desacougos da masculinidade', ao cargo do investigador da Universidade Complutense de Madrid Antonio Agustín García. A seguir, procederase á reunión do club e á presentación das conclusións do encontro. 

A asistencia á actividade é libre ata ocupar as 60 prazas dispoñibles. É preciso cursar inscrición previa e o prazo estará aberto ata o 11 de novembro. 

A actividade conta con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade

 

The contents of this page were updated on 11.14.2022.