Skip to main content

Ciclo 'Aprendendo das empresas e das institucións'

'Mellores políticas para unha vida mellor. A OCDE e o multilateralismo no contexto internacional'

10.31.2022 | 12.30h

Ana José Varela, directora financeira de OCDE participar no ciclo organizado pola Aula Profesional ECOADE

Ciclo 'Aprendendo das empresas e das institucións'
Ciclo 'Aprendendo das empresas e das institucións'

Coa finalidade de achegar o mundo da empresa e as institucións ao alumnado, a Aula Profesional ECOADE organiza un ciclo de conferencias na que responsables e persoal das diferentes áreas funcionais de diferentes organizacións e entidades explicarán entre outros aspectos, as funcións e os obxectivos de cada unha desas áreas e as tarefas que desenvolven no día a día.

Ana José Varela, directora financeira de OCDE, tomará parte neste ciclo cun relatorio titulado 'Mellores políticas para unha vida mellor. A OCDE e o multilateralismo no contexto internacional', que impartirá o luns 31 de outubro ás 12.30 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. 

A actividade conta coa colaboración da Cátedra Iberoamericana e a asistencia é libre ata completar a capacidade da sala. 

A listaxe completa de conferencias do ciclo 'Aprendendo das empresas e das institucións' está dispoñible nos documentos anexos.

 

The contents of this page were updated on 10.28.2022.