Skip to main content

Xornada

'As novas violencias sexuais. Submisión química e agresións dixitais'

11.11.2022 | 10.15h-19.30h

Santiago de Compostela
Visionado 1

Actividade promovida pola Oficina de Igualdade de Xénero da USC que forma parte do percurso formativo 'O acoso sexual e as novas formas de violencia sexual'

Cartel da actividade
Cartel da actividade

As xornada As novas violencias sexuais. Submisión química e agresións dixitais busca analizar desde unha achega multidisciplinar fenómenos recentes de violencia sexual contra as mulleres como son a submisión química e todas as formas de violencia dixitais, nomeadamente a través das redes sociais.

Desenvolverase o 11 de novembro a partir das 10.15 horas na Sala de Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación coa participación de Francisco José Aramburu Vilariño; director de Urxencias do CHOU; Inés Sánchez Sellero, profesora da Facultade de Medicina da USC; Cláudia Morán Mato, integrante da asociación Xornalistas Galegas; Sara Purcell Sobrino, da Unidade de Atención Psicolóxica da USC, Patricia Alonso Ruído, profesora da Facultade de Ciencias da Educación da USC; e Ana López-Suevos, maxistarda titular do xulgado de instrución número 1 de Santiago de Compostela.

O programa completo está dispoñible na web da Oficina de Igualdade de Xénero.

Financiada con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero do Ministerio de Igualdade, a xornada forma parte do no percurso formativo 'O acoso sexual e as novas formas de violencia sexual', recoñecido con 1 crédito ECTS para todas as titulacións de grao da USC. 

A participación é de balde previa inscrición ata esgotar as 80 prazas dispoñibles. 
 

The contents of this page were updated on 11.11.2022.