Skip to main content

Seminario Permanente de Comunicación e Xénero

CO(M)XÉNERO VII. Descifrando Violencias

11.03.2022 | 16.00h

Coordinado pola directora do GEA, a profesora Margarita Ledo Andión, o seminario está dirixido a estudantes de comunicación, persoal investigador en formación e profesionais

Ciencias da Comunicación. FOTO: Santi Alvite
Ciencias da Comunicación. FOTO: Santi Alvite

A sétima edición do CO(M)XÉNERO, Seminario Permanente de Comunicación e Xénero terá lugar nos días 3 e 4 de novembro na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) co apoio do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Nesta ocasión, as xornadas céntrase "no ollar, debater e aprender a descifrar diferentes modos e maneiras de violencia, latentes ou que podemos tocar ca man", apuntan dende a organización.

Coordinado pola directora do GEA, a profesora Margarita Ledo Andión, o seminario está dirixido a estudantes de comunicación, persoal investigador en formación, profesionais e, en xeral, "a todas as persoas interesadas en abordar as diferentes violencias heteropatriarcais", matizan. A participación no CO(M)XÉNERO pode ser recoñecida como actividade formativa para o estudantado do Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea.

O programa inclúe conferencias, sesións de proxeccións e debate, así como obradoiros. A inauguración terá lugar ás 16.00 horas deste xoves 3 de novembro.

Cartel do evento
Cartel do evento
The contents of this page were updated on 12.21.2022.