Skip to main content

Presentación do libro

'Mulleres imprescindibles. Educadoras na vangarda do século XX'

9 de novembro | 12.30 h no Campus Sur e 16.00 h no Campus Norte

Santiago de Compostela
Salón de actos

Unha obra de Dolores Cotelo Guerra e Ana Romero Masiá

Cartel da actividade
Cartel da actividade

O proximo 9 de novembro presentarase na Facultade de Ciencias da Educación o libro Mulleres Imprescindibles. Educadoras na vangarda do século XX, unha obra de Dolores Cotelo Guerra, profesora de Historia da Educación da USC,  e Ana Romero Masiá, historiadora e integrante da RAG,  editado por Kalandraka e prologado por Antón Costa Rico.

O acto de presentación, a cargo de Lucía Iglesias da Cunha, contará coa intervención das autoras e do prologuista, da secretaria de comunicación da Editorial Kalandraka, Paz Castro, e da profesora de Didáctica da Lingua e da Literatura da USC, Montserrat Pena Presas. Na xornada, haberá dous actos de presentación: un ás 12.30 horas  na sede da Facultade de Ciencias da Educación no Campus Sur e outro ás 16.00 horas,  na sede do Campus Norte.

The contents of this page were updated on 11.07.2022.