11.15.2022 | 17.00h
O volume recolle as presentacións e debates do Seminario Hispano-Luso-Brasileiro- Políticas de xénero no contexto da xestión local: enfrontamento da covid-19, desenvolvido en decembro de 2021

O acto de presentación do volume desenvolverase o día 15 de novembro ás 17.00 horas na Sala de Prensa da Facultade de Dereito e contará coas intervencións do reitor Antonio López, a secretaria xeral de Igualdade Susana López Abella; a presidenta do Movimento Mulheres Municipalistas (MMM), Tania Ziulkoski; a representante da Associação de Estudos de Direito Regional e Local, Bárbara Barreiros; e a secretaria do Observatorio Internacional da Regulación das Entidades do Sector Público, Noelia Betelos Agrelo.