Skip to main content

Semana da Filosofía na rúa 2022

11.14.2022-11.18.2022

Varias localizacións
Santiago de Compostela

Do 14 ao 18 de novembro, a Facultade de Filosofía organiza as xornadas de 'Filosofía na rúa' para convidar a comunidade universitaria a pensar en colectivo

Semana da Filosofía na rúa 2022
Semana da Filosofía na rúa 2022

Con motivo do Día Mundial da Filosofía, que se conmemora o día 17 de novembro, a USC programa unha semana de actividades arredor do pensamento que se espallan pola cidade de Compostela. 

Esta programación arrinca o luns 14 de novembro ás 17.30 horas na Facultade de Filosofía, que acollerá na Aula 1 a mesa redonda '20 anos do Prestige: investigación, artes e activismos'. A xornada prosegue ás 20.00 horas coa primeira das sesións en liña do Seminario 108 'Judith Butler' e Facebook Ética Animal sobre 'A defensa dos animais dende o ámbito académico', que continuará o martes 15 cunha segunda sesión das 20.00 ás 21.00 horas. 

Ese mesmo martes, o programa inclúe ademais a andaina 'Filosofía no monte', un paseo que sairá ás 14.00 horas da praza de Mazarelos baixo a coordinación do profesor Óscar Parcero. 

Xa o mércores  16 de novembro, o Seminario 108 'Judith Butler' desenvolverá en liña a conversa 'Persoas non humanas', unha charla da man de Macarena Montes , da Universitat Pompeu Fabrae a Harvard University.

O programa continúa o xoves 17 cunha nova sesión do Ciclo de Cinema Filosófico, que proxectará  O rostro [Ansiktet], de Ingmar Bergman ás 18.00 horas no Salón de Actos do centro. O pase do filme irá seguido dun debate  Oscar Parcero. Xa ás 22.00 horas, o restaurante Arco de Mazarelos acollerá a "Improvisación Filosófica", un diálogo aberto conducido polo profesor Xavier de Donato. 

Finlamente, a programación concluirá o venres 18 de novembro no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) coa sesión 'Máis alá da docencia. Espazos profesionais para a filosofía', unha visita guiada á exposición 'Vidas' de Claudio Zulián, conducida por Nil Farré (egresado USC) e coordinada pola profesora Nieves Herrero.  Para esta actividade é precisa inscrición previa en: farretorresnil [at] gmail.com (farretorresnil[at]gmail[dot]com)

The contents of this page were updated on 11.15.2022.