A Asociación Música Humana organiza este concerto que conta coa colaboración da USC e o patrocinio da Deputación da Coruña

Integrado por María José Ladra (mezzosoprano), Juan Berná (óboe e corno inglés) e Margarita Viso (piano), o Rosalía Trío centra a súa actividade na interpretación de música sobre poemas galegos realizada por poetas, compositoras e compositores históricos e actuais. Nesta ocasión, interpretará pezas do seu álbum 'Has de cantar' presentado en 2022, xunto con obras de Marcial del Adalid, Francisco Piñeiro, Pascual Veiga e as estreas de composicións realizadas para Rosalía Trío por Juan Durán (premio de composición Reina Sofía 2018), Antón de Santiago, León Durán Viso, Margarita Viso, Juan Berná e do italiano Ciro Ferrigno sobre poemas de Rosalía de Castro, Fanny Garrido, Curros Enríquez, Afonso R. Castelao, Ramón Cabanillas, Esther López Castro e Yolanda Castaño.
O concerto desenvolverase o mércores 23 de novembro ás 20.15 horas no Paraninfo da USC e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.