Skip to main content

III Seminario da Cátedra UNESCO 226 sobre Migracións. Cultura e migración intercontinental: o caso caboverdiano

11.25.2022 | 10.00h-12.30h

Santiago de Compostela
Aula do seminario de arte

Coa participación de Elter Carlos e Lourenço Gomes, da Universidade de Cabo Verde

Cartel da actividade
Cartel da actividade

O vindeiro venres 25 de novembro de 2022, Facultade de Xeografía e Historia (USC), vai celebrar o 'III Seminario da Cátedra UNESCO 226 sobre Migracións. Cultura e migración intercontinental: o caso caboverdiano', coordinado por Camilo Fernández Cortizo e Domingo L. González Lopo (USC).

Nesta ocasión, na reunión científica participan Elter Carlos, da Universidade de Cabo Verde, que impartirá a conferencia titulada, 'Caboverdianidade e emigração em Chiquinho de Baltazar Lopes dá Silva'. A continuación,  Lourenço Gomes, da Universidade de Cabo Verde, fará o propio coa conferencia, 'Génese e primórdios dá emigração cabo-verdiana para os EUA'.

O encontro celebrarase das 10.00 ás 12.30 horas na aula do seminario de arte e tamén en liña a través de MS TEAMS. A actividade, que é gratuíta, está aberta a toda a comunidade investigadora. Entregarase diploma acreditativo ás persoas asistentes.

 

The contents of this page were updated on 11.22.2022.