Skip to main content

Publicada a listaxe definitiva de candidaturas na elección de representantes de estudantes nas xuntas de centro

Os comicios desenvolveranse o vindeiro 14 de decembro. FOTO: Santi Alvite
Os comicios desenvolveranse o vindeiro 14 de decembro. FOTO: Santi Alvite
A campaña estenderase do día 28 deste mes ata o vindeiro 12 de decembro
Lugo, Santiago de Compostela

Este venres 25 publicouse na web das eleccións a listaxe definitiva de candidaturas na elección de representantes do estudantado de grao e mestrado nas Xuntas de Centro. A campaña estenderase do día 28 deste mes ata o vindeiro 12 de decembro.

Os comicios desenvolveranse o vindeiro 14 de decembro, en horario de 9.00 a 19.00 horas. Serán electores e elixibles as persoas censadas no sector de estudantes de conformidade coa normativa electoral.

Este venres 25, tamén se deu a coñecer a proclamación definitiva de candidaturas no marco da elección de representantes no consello de goberno dos directores/as de departamento e dos directores/as de instituto universitario de investigación, de escola de doutoramento e doutras estruturas universitarias de investigación. Non será preciso realizar votacións neste proceso.

The contents of this page were updated on 11.25.2022.