Reitor, xerente e os arquitectos autores da proposta presentarán os detalles da iniciativa gañadora do concurso de proxectos este martes 29, ás 10.00 horas, no Salón de Graos do Colexio de San Xerome

O reitor da USC, Antonio López, e o xerente da institución, Javier Ferreira, presentarán este martes 29, ás 10.00 horas, no Salón de Graos do Colexio San Xerome, a proposta vencedora do concurso de proxectos para a creación do novo centro de Ciencias da Saúde da USC. Os arquitectos Jorge Salgado Cortizas e Celso López Martín, en representación da UTE composta por OIKOS Estudio SLP, tamén participarán no acto.
O proxecto gañador está asinado por Jorge Salgado Cortizas, Celso López Martín, Alfredo Freixedo Alemparte e Pedro Diéguez e destacou pola “coherencia da súa solución, fundamentada na correcta comprensión e análise das necesidades descritas nos pregos e no atinado diagnóstico dos principais problemas que se deben resolver. Unha idea ben definida de proxecto, formalizada con claridade, permite solucionar de forma sintética os requisitos da USC”, subliñou o ditame do xurado.
A presentación poderá seguirse en liña a través de MS Teams.