Skip to main content

Xuventude Crea- Moda e deseño de xoias

12.05.2022-12.29.2022

Santiago de Compostela

O programa 'Xuventude Crea' comezou a súa andaina en 2010

Cartel da mostra
Cartel da mostra

As obras finalistas do certame Xuventude Crea nos campos da moda e o deseño de xoias serán exhibidas na Igrexa da Universidade do 5 de outubro ao 29 de decembro de 2022.

A inauguración da mostra está programada o luns 5 de decembro ás 13.00 horas, e contará coa participación da vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC, Pilar Murias, e da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel Toimil.  No evento daranse a coñecer os nomes das/os artistas premiadas/os. Tras a inauguración, aberta ao público, a  exposición poderá ser visitada de xeito gratuito de luns a sábado en horario 11.00 a 14.00 e 17.00 a 20.30 horas (*agás os domingos e festivos)

Xuventude Crea é un programa dirixido a creadoras e creadores non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos, que naceran ou residan en Galicia.  Impulsado pola Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pretende estimular e apoiar a imaxinación, a creatividade e a innovación das e dos artistas emerxentes.

The contents of this page were updated on 12.22.2022.