Skip to main content

Estrea teatral

Observacións sobre a Felicidade (Composición e manexo)

12.15.2022 | 21.00h-22.00h

Salón Teatro

A Aula de Teatro da USC estrea en decembro o seu novo traballo

Cartel da obra 'Observacións sobre a Felicidade (Composición e manexo)'
Cartel da obra 'Observacións sobre a Felicidade (Composición e manexo)'

O 15 de decembro de 2022 a Aula de Teatro da USC estrea a montaxe 'Observacións sobre a Felicidade', unha peza con posta en escena de Roberto Salgueiro e asistencia de dirección de Ximena Torrón Núñez. No elenco, Bárbara María Domínguez, Laura López Esteban, Aira Portos Rey, Laura Codesido Mella e Breixo Barreiro Mira. 

O pase, de 50 minutos de duración, terá lugar no Salón Teatro de Compostela ás 21 horas e a asistencia é de balde ata completar a capacidade da sala. O despacho de billetes abre dúas horas antes da función e poden retirarse ata dúas entradas por persoa.

Observacións sobre a Felicidade (Composición e manexo)

- Estás equivocada. Falar da felicidade é falar de ciencia. A felicidade non é un asunto relativo ao espírito ou ao intanxible: é unha cuestión científica. A felicidade é unha cuestión de neurotransmisores, que son as biomoléculas que transmiten información entre neuronas; ou desde unha neurona ata as glándulas ou as células do noso organismo.

- O que ti digas. Pero a felicidade non é un asunto medible ou pesable. Non é algo verificable, suxeito ao esquema proba erro.

The contents of this page were updated on 12.07.2022.