19/12/2022 - 19.30 horas
A compañía de teatro USC-Lugo que dirixe Andrea González organiza na Facultade de Veterinaria unha audición aberta a novos actores e intérpretes

A compañía de teatro USC-Lugo, que dirixe Andrea González, celebra este luns 19 de decembro, a partir das 19.30 horas, na Aula de Teatro e Danza da Facultade de Veterinaria, unha audición ou clase aberta a todas as persoas interesadas en formar parte da compañía de teatro USC-Lugo.