Skip to main content

Presentación do libro

'Materiales y recursos didácticos en Pedagogía Hospitalaria'

12.21.2022 | 11.30h

Santiago de Compostela

Coordinado por Yésica Teijeiro Boo e Jesús Rodríguez Rodríguez

Presentación do libro 'Materiales y recursos didácticos en Pedagogía Hospitalaria'
Presentación do libro 'Materiales y recursos didácticos en Pedagogía Hospitalaria'

A Facultade de Ciencias da Educación acollerá o mércores 21 de decembro ás 11.30 horas a presentación do volume Materiales y recursos didácticos en Pedagogía Hospitalaria, coordinado por  Yésica Teijeiro Boo e Jesús Rodríguez Rodríguez.

O obxectivo principal da publicación é compartir experiencias e iniciativas innovadoras e poñer a disposición dos profesionais do ámbito recursos e ferramentas elaboradas especificamente pare os contextos de intervención vencellados á Pedagoxía Hospitalaria.

A asistencia é libre ata completar a capacidade da sala

Información sobre o libro

O papel dos materiais e os recursos didácticos na Pedagoxía Hospitalaria é esencial, xa que son os medios a través dos cales se concretan os obxectivos educativos dos proxectos ou programas de intervención nas aulas hospitalarias, os contextos sanitarios ou outros espazos socioeducativos onde se traballa coa saúde, a hospitalización, as emocións, a atención á diversidade, etc.

Esta obra busca compartir un conxunto de propostas de materiais e recursos que impulse o coñecemento e a difusión de experiencias e iniciativas innovadoras e que poña ao dispor dos profesionais deste ámbito ferramentas elaboradas especificamente para estes contextos de intervención vinculados á Pedagoxía Hospitalaria. Na selección realizada, apóstase por experiencias, estatais e internacionais, que destacan pola orixinalidade e a calidade dos seus recursos, así como polos resultados obtidos tras a súa aplicación e utilización na intervención educativa. Son propostas transferibles a diferentes realidades e escenarios nos que se traballe con persoas en situación de enfermidade e/o hospitalización, de modo que se mellore a súa calidade de vida nestes procesos.

As persoas que coordinan esta obra, xunto con máis docentes, levan desenvolvendo desde 2019 o proxecto de aprendizaxe-servizo «A maleta de emerxencias pedagóxicas», recoñecido recentemente co primeiro Premio Educacompostela de Materiais e Recursos Educativos.
 

The contents of this page were updated on 12.16.2022.