Skip to main content

Ruta especial de fin de ano

12.31.2022 | 10.00h-14.00h

Saída dende a Piscina Universitaria
Santiago de Compostela

A Área Deportiva da USC pecha o mes de decembro cunha nova ruta de sendeirismo

Cumio do Monte Pedroso. Foto: Luis Miguel Bugallo (CC BY-SA 3.0)
Cumio do Monte Pedroso. Foto: Luis Miguel Bugallo (CC BY-SA 3.0)

Un ano máis, a Área Deportiva da USC promove a xa tradicional ruta de Fin de Ano. Nesta ocasión, a expedición partirá ás 10.00 horas do exterior da piscina universitaria en Santiago para pór rumbo ao cumio do Pedroso. A actividade comeza cruzando a carballeira de San Lourenzo ata o río Sarela. Farase un treito do río para logo subir a Bar de Abaixo. Unha vez alí, éntrase na Selva Negra para, pouco a pouco, subir ata o cumio do monte, onde se observan unha fermosas vistas da cidade. O regreso farase pola Granxa do Xesto e as Casas Novas ata o Sarela, para despois volver ao campus pola capela do Carme.

A expedición será guiada por Víctor Fidalgo e a duración do traxecto é de 4 horas aproximadamente. Ás 12.00 farase unha parada para festexar as badaladas, polo que a organización anima as persoas participantes a levar algo de turrón ou algunha outra lambetada do seu gusto.

O prazo de inscrición nesta andaina remata o xoves 29 de decembro, e a información sobre as tarifas correspondentes ás distintas categorías de participantes, os descontos para a comunidade universitaria, e o enlace á inscrición está dispoñible na web da actividade

 

The contents of this page were updated on 12.27.2022.