Skip to main content

Aberto ata o 15 de febreiro o prazo para presentar candidaturas á I Edición dos Premios MSP

Imaxe de arquivo de persoal traballando na USC. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo de persoal traballando na USC. FOTO: Santi Alvite
Convocados pola Asociación de Mulleres no Sector Público, pretenden fomentar o liderado feminino co recoñecemento a accións concretas que tivesen un reflexo real no empoderamento das mulleres
Lugo, Santiago de Compostela

A Asociación de Mulleres no Sector Público convoca a I Edición dos Premios MSP cos que se pretende recoñecer a mulleres que destacasen profesionalmente, polos seus logros no Sector Público, tanto no ano 2022, como durante toda a súa traxectoria profesional. Así mesmo, concederase a unha Institución e a un Medio de Comunicación que co seu labor favorezan e impulsen o papel das mulleres no seu ámbito profesional. O prazo de presentación de candidaturas esténdese ata o 15 de febreiro segundo os requirimentos establecidos na web do certame.

Estes galardóns pretenden fomentar o liderado feminino co recoñecemento a accións concretas que tivesen un reflexo real no empoderamento das mulleres. “Coa convocatoria destes premios mantemos e reforzamos o compromiso da Asociación de Mulleres no Sector Público en favorecer a posición das mulleres como empregadas públicas, así como a defensa dos intereses que lles son propios, promovendo a visibilidade do papel das profesionais do sector público e a igualdade no acceso a postos de dirección e xestión”, apuntan dende a organización do certame.

The contents of this page were updated on 01.04.2023.