Skip to main content

'Ad loca santa: lugares, espazos e presenzas'

XIV Congreso da Sociedade Española de Ciencias das Relixións

Do 10 ao 12 de maio

Este encontro promovido pola Sociedade Española de Ciencias das Relixións afonda da importancia da relación co espazo no fenómeno relixioso

As facultades de Xeografía e Historia e Filosofía acollerán o desenvolvemento das sesións. FOTO: Santi Alvite
As facultades de Xeografía e Historia e Filosofía acollerán o desenvolvemento das sesións. FOTO: Santi Alvite

A Universidade de Santiago de Compostela acolle do 10 ao 12 de maio o XIV Congreso da Sociedade Española de Ciencias das Relixións. Baixo o título, 'Ad loca santa: lugares, espazos e presenzas', o encontro afonda da importancia da relación co espazo no fenómeno relixioso. A sesión inaugural terá lugar o mércores 10 ás 16.00 horas no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia. 

Os lugares sacros e sacralizados, os santuarios, os templos, os lugares de culto e os espazos que se asignan á divinidade constitúen un dos dispositivos esenciais para comprender o que supón 'pór en escena o divino' e para mostrar como se establece a relación dos homes coa esfera do sacro. Neste senso, a percepción da divinidade con frecuencia realízase no espazo e materialízase a través do concepto de presenza e de visión da divinidade.  Así mesmo, a propia noción espacial que asigna un lugar privilexiado e marcado para o desenvolvemento das actividades relixiosas e cultuales xerou o fenómeno da peregrinación que implica unha percepción peculiar do espazo e o exercicio da relixiosidade.

A Sociedade Española de Ciencias das Relixións, en tanto que organización académica, destacou sempre polo seu carácter multidisciplinar. Por iso é polo que as temáticas dos Congresos se abordan desde unha ampla variedade de disciplinas científicas: a Historia, a arte, a Filosofía, a Literatura, a Lingua, o Dereito, a Socioloxía, a Ciencia Política, a Semiótica, a Psicoloxía, etc. Esa perspectiva multidisciplinar provoca achegamentos diversos que se enriquecen nun proceso de intercambio científico e académico, que permite establecer novas miradas conceptuais e metodolóxicas.

Ese é o obxectivo esencial do congreso que se desenvolve na cidade de Santiago de Compostela, unha cidade á que se asocia non só a peregrinación, senón a elección dun lugar privilexiado onde se expresaron aspectos do fenómeno relixioso que a converteron nun dos loca sancta no que materializar esta relación co divino.

The contents of this page were updated on 05.12.2023.