Curtametraxes de Raplh Steiner, Ed Emshwiller, Don Hertzfeldt, Norman McLaren, Abigail Child, Theodore Ushev, Robert Breer, Martin Arnold, Pter Tsherkassky, Craig Welch e Jan Svankmaher

O Ciclo de Cinema Filosófico arranca 2023 cunha mostra de cinema experimental de animación e de vangarda. A sesión, organizada polo Cine Club Mazarelos, desenvolverase o mércores día 18 de outubro ás 18.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía, e nela proxectaranse curtametraxes de Raplh Steiner, Ed Emshwiller, Don Hertzfeldt, Norman McLaren, Abigail Child, Theodore Ushev, Robert Breer, Martin Arnold, Pter Tsherkassky, Craig Welch e Jan Svankmaher.
A presentación da mostra correrá a cargo do profesor Xavier de Donato e a entrada ás proxeccións é de balde ata completar a capacidade da sala.