O Departamento de Xeografía da USC, o Grupo ANTE e o Grupo de Traballo de América Latina da Asociación Española de Xeografía organizan este evento

A Facultade de Xeografía e Historia acollerá do 26 ao 28 de xaneiro de 2023 o X Congreso Internacional de Xeografía de América Latina, que organiza a Asociación Española de Xeografía coa colaboración do Grupo ANTE e o Departamento de Xeografía da USC.
Baixo o título 'América Latina ante os (novos) retos da xustiza social e ambiental' o encontro reunirá ne Compostela persoal investigador internacional especialista do ámbito que afondarán en tres grandes eixos de estudo: 1) o aproveitamento (in)sostible de recursos naturais, a banalización das paisaxes rurais e a conflitividade ambiental nun contexto de cambio global; 2) as dinámicas do mundo urbano e os retos da xustiza social; e 3)o espazo económico macro-rexional, fronteiras e orientacións xeopolíticas de América Latina.
Irasema Alcántara (investigador do Instituto de Xeografía e profesora na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Nacional Autónoma de México), Hervé Théry (director de investigación eméricto do CNRS Francés e profesor da Universidade de São Paulo) e María Lois (profesora titular de Xeografía Política na Facultade de Ciencias Política e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid), conforman o cadro principal de conferenciantes.
Presentación do congreso
América Latina é unha das rexións con maior diversidade de medios e de recursos naturais, e que vive intensas transformacións condicionadas polas dinámicas de cambio global derivadas da crecente influencia humana nas últimas décadas. A velocidade destes cambios, a sensibilidade e resiliencia do soporte socioterritorial e a necesidade de profundar na análise dos riscos ambientais e os conflitos socioeconómicos constitúen o maior reto actual en termos de xustiza social e ambientala nivel macro-rexional.
Están a modificarse os tradicionais modelos produtivos, condicionados agora polas lóxicas da globalización, a reestruturación do capitalismo financeiro e as orientacións xeopolíticas. Mantéñense a dependencia dun sector primario orientado á produción de commodities (enerxía e os seus derivados, sobre todo petróleo; metais; gañado e carnes; e produtos agrícolas). A xeografía da conservación da natureza é unha corrente disciplinar en auxe, pero a xestión das áreas protexidas mantén unha débil estrutura. As novas ruralidades xeran diferentes paisaxes, cada vez máis orientados a abastecer mercados exteriores. Séguense producindo cambios formais, funcionais e paisaxísticos nos espazos urbanos e metropolitanos, que se traducen en dinámicas de reprodución de desigualdades socialesy a xeración de novas formas de fragmentación socio-espacial e en transformacións formais.
Desde o punto de vista demográfico, a desaceleración dos ritmos de crecemento é a tónica dominante, con envellecemento nalgúns casos, pero con procesos migratorios internos e transfronteirizos importantes. Crece o papel do lecer e o turismo, sobre todo, nalgunhas rexións litorais. Todo isto prodúcese nun contexto de acentuación dos desequilibrios ambientais, na sociedade, nos espazos rurais, nas cidades, na economía nacional e/o rexional… que clama por unha reflexión sobre o dereito do conxunto da ciudadaníaal accesoa os recursos territoriais e ambientais dunha maneira sostible. Para tentar regular e ordenar estes procesos aparecen políticas e procesos de planificación e ordenación territorial, que actúan a distintas escalas, en ámbitos diferentes e que teñen un éxito desigual. Estas lóxicas son as que animan os eixos temáticos propostos neste X Congreso.