Skip to main content

ViaGalicia salienta o potencial do sector primario como nicho de emprendemento coa implantación de novas tecnoloxías

Manuel Aboal e Elvira López Mosquera, na presentción de ViaGalicia no edificio Cactus de Lugo
Manuel Aboal e Elvira López Mosquera, na presentción de ViaGalicia no edificio Cactus de Lugo
A aceleradora de startups promovida pola Xunta de Galicia xunto coa Zona Franca de Vigo presenta en Lugo a sétima edición do seu programa de validación, maduración e posta en marcha de ideas emprendedora maduración de ideas co obxectivo de “xerar emprego a través do emprendemento”, sinala a delegada do reitor da USC para o Campus Terra, Elvira López Mosquera
Lugo

O sector primario presenta un alto potencial como nicho de emprendemento coa implementación de novas tecnoloxías, segundo sinala Manuel Aldecoa, técnico de emprendemento de Zona Franca de Vigo, quen este martes presentou na sede universitaria luguesa a sétima edición da aceleradora de startups ViaGalicia, un programa promovido en colaboración coa Xunta de Galicia que na súas edicións anteriores permitiu a constitución de 78 startups, logo de asesorar e madurar unhas 200 ideas de negocio dos preto de 1.300 proxectos empreariais innovadores recibidos, segundo indicou Aldecoa.

A presentación da nova edición do programa de ViaGalicia, unha aceleradora xeneralista de proxectos innovadores, escalables e invertibles, na sede universitaria luguesa responde á pretensión de “xerar emprego e crear riqueza a través do emprendemento”, segundo puxo de manifesto a delegada do reitor da USC para o Campus Terra. Elvira López Mosquera enumerou asemade o caso de tres realidades empresarais agromadas na sede universitaria luguesa que pasaron por ViaGalicia, tal como son Innogando, Legalmit ou 3edata.

Alén de reiterar o éxito xa acadado polas persoas que promoveron estas ideas innovadoras xa transformadas en realidades empresariais, Manuel Aldecoa, indicou que a presentación deste nova convocatoria de ViaGalicia no Campus Terra responde tanto ao feito de que esta aceleradora de proxectos innovadores conta con sede na capital luguesa, así como a que a maioría das startups xorden en contextos universitarios, nos que investigadores propoñen ideas de negocio innovadoras que contribúen á diversificación do tecido empresarial de Galicia, ademais de modernizar e dinamizar sectores estratéxicos capaces de crear emprego, atraer e reter talento, que son algúns dos obxectivos de ViaGalicia, dixo Aldecoa.

A nova edición de ViaGalicia, un programa de alto rendimiento que mestura, baixo a supervisión dun equipo de expertos, formación, titorización, asesoramiento especializado, mentoring, espazo de traballo e liñas de financiamento, contará con sede propia na sede universitaria luguesa.

O prazo de presentación de propostas á nova convocatoria de ViaGalicia permanece aberta ata o 31 de xaneiro, tal e como se recolle nas bases deste certame, nas que tamén se informa de xeito explícito do calendario de actividades programadas.

The contents of this page were updated on 01.24.2023.