Organizado polo Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAg

O mércores 1 de febreiro ás 17.00 horas, o investigador da Área de Topoloxía da USC Samuel Castelo Mourelle impartirá o seminario 'Topoloxía e robótica: Distancia homotópica e outros invariantes alxébrico-topolóxicos'. Organizado polo Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), será desenvolvido en formato híbrido, coa posibilidade de asistir presencialmente ao Salón de Graos da Facultade de Matemáticas ou seguilo en liña a través de MS TEAMS.
Topoloxía e robótica: Distancia homotópica e outros invariantes alxébrico-topolóxicos
Os distintos estados de configuración dun sistema complexo (como os do movemento dun robot ou dron) pódense modelar cun espazo topolóxico ou a súa versión discreta (complexos simpliciais ou categorías pequenas). Haberá pois dous obxectivos: ver como se traduce de xeito sinxelo o funcionamento dun brazo robot a un problema de índole topolóxica; e introducir distintos invariantes topolóxicos, tanto clásicos (categoría LS) como máis recentes (complexidade topolóxica e distancia homotópica) que nos permiten coñecer a dificultade de deseñar algoritmos para mover o sistema entre estados.