02.01.2023 | 18.00h
Un filme de Rainer Werner Fassbinder

O CineClub Mazarelos da Facultade de Filosofía programa o mércores día 1 de febreiro ás 18.00 h a proxección en VOSE do filme Die bitteren Tränen der Petra von Kant [As amargas bágoas de Petra von Kant] (1972), do cineasta alemán Rainer Werner Fassbinder.
O pase, que será presentado por Miguel López Golán, terá lugar no Salón de Actos do centro e a entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.