Skip to main content

Estrea

'Shakespeare en Roma'

Do 9 de febreiro ao 2 de abril

Santiago de Compostela
Salón Nobre

O Salón Nobre de Fonseca acolle do 9 de febreiro ao 2 de abril as representacións do novo traballo do Centro Dramático Galego

A obra 'Shakespeare en Roma' estréase o 9 de febreiro no Salón Nobre de Fonseca
A obra 'Shakespeare en Roma' estréase o 9 de febreiro no Salón Nobre de Fonseca

Shakespeare é una figura da dramaturxia universal que todo teatro público ten o deber de revisitar e incluir cada certo tempo no seu repertorio.

Na súa prolífica obra achegouse en catro ocasións ao mundo clásico cos textos, Tito Andrónico (1594), Xulio César (1599), Antonio e Cleopatra (1607) e Coroliano (1609). Catro pezas nas que o autor sitúa a acción no Imperio Romano para, desde o seu tempo, reflexionar sobre o poder.

O espectáculo Shakespeare en Roma nace como una oportunidade para unir tres momentos da historia: o presente, o periodo Isabelino e a Roma Clásica a través da guerra, a violencia e a loita polo poder que guían o destino dos personaxes.

Con dirección de Rui Madeira, María Barcala,  Xúlio Lago, Sara Rey e Quico Cadaval, poranse en escena versións destiladas das catro pezas a través do ollar de catro dramaturgos e dramaturgas. Versións condensadas en 35 minutos cos que compartir co público de hoxe a reescrita dos textos Shakespearianos co foco posto nalgunha das personaxes secundarias presentes nos orixinais.

As catro pezas poranse en escena en no Salón Nobre de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela para achegar ao público ao ambiente isabelino no que se escribiron os orixinais. Un xogo escénico no que oito intérpretes darán vida ás diferentes personaxes nunha posta en escena de proximidade. O teatro no aquí e agora, a copresenza no espazo de público e intérpretes fitándose ollo no ollo.

The contents of this page were updated on 02.15.2023.