02.15.2023 | 18.00h-20.00h
Un filme de Marlon Riggs

O CineClub Mazarelos da Facultade de Filosofía programa o mércores día 15 de febreiro ás 18.00 h a proxección en VOSE do filme Tongues untied (1989), do cineasta estadounidense Marlon Riggs.
O pase, que será presentado por Aranxa Vicens, terá lugar no Salón de Actos do centro e a entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.