03.11.2023 | 21.30h
Tirava-te a dor e ficava com ela
Na vixésimo sétima edición do Festival Internacional de Teatro Universitario, organizada desde a Aula de Teatro da USC, a compañía Teatrubi da Universidade da Beira Interior de Portugal presentará Tirava-te a dor e ficava com ela, que terá unha duración de 40 minutos e será en lingua portuguesa.
A entrada é gratuíta previo paso pola billeteira, que abrirá ás 19.30 horas.
Haberá un encontro coa compañía despois da función, no ambigú do teatro para falar sobre o proceso de creación da peza.