Skip to main content

2º Hackathon Social Tech

02.24.2023-02.25.2023 | 16.00h-13.00h

Santiago de Compostela

O prazo de inscrición deste encontro promovido polo Laboratorio de Innovación e Economía Social da USC remata o 21 de febreiro

2º Hackathon Social Social Tech
2º Hackathon Social Social Tech

O segundo Hackathon Social Tech desenvolverase do 24 e 25 de febreiro no Edificio Emprendia do Campus Vida.

O termo Hackathon, que resulta da unión dos conceptos "maratón" e "hacker", refire a unha experiencia de innovación aberta que busca alcanzar unha meta común de forma colaborativa, nun período curto de tempo. Procúrase que as persoas participantes no encontro desenvolvan habilidades transversais, como a innovación, a comunicación e o traballo en equipo ou habilidades dixitais, todas elas competencias chave para futuros postos de traballo.

Este Hackathon Social Tech pretende involucrar o estudantado no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas e sostibles aos retos que se nos plantexan cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) dando solucións nun período de tempo limitado, traballando en equipos multidisciplinares e cunha metodoloxía intensiva e presencial. As solucións estarán encadradas no ámbito do emprendemento social, a sostibilidade e o potencial da tecnoloxía para resolver retos sociais.

Nel pode participar calquera estudante da USC, de grao, mestrado ou douramento con ganas de aprender, compartir coñecementos e achegar valor á sociedade. Para facerse cunha das 24 prazas dispoñibles, compre cursar inscrición ata o 21 de febreiro ás 23.59h. Unha vez pechado o prazo de inscrición, a organización contactará co estudantado para confirmar a súa participación.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2022 - 2023 da Rede Eusumo, impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

The contents of this page were updated on 02.16.2023.