Skip to main content

Semana da Psicoloxía

Proxecto 'Fear of Missing Out'

02.25.2023 | 20.00h

Salón Teatro
Santiago de Compostela

A USC colabora con esta iniciativa que conxuga un concerto, unha exposición e un faladoiro sobre saúde mental

Concerto pola saúde mental
Concerto pola saúde mental

Co gallo da Semana da Psicoloxía, a USC participa en diferentes eventos que buscan dende este ámbito fomentar o desenvolvemento de actividades que favorezan a convivencia as persoas que integran a nosa comunidade, e mesmo a afianzar o vínculo entre o estudantado e a institución. 

Entre elas, figura a iniciativa 'Fear of Missing Out', un proxecto único sobre saúde mental que consta dunha exposición de ilustracións e esculturas creadas por artistas con trastornos mentais, dunha charla sobre saúde mental, e  un concerto no que se interpreta o álbum Disorders, un conxunto de temas de rock progresivo con cancións escritas e ilustradas por persoas con trastornos mentais de todo o mundo, no que as letras falan, en primeira persoa de cuestións como anorexia, autismo, esquizofrenia, depresión, trastorno obsesivo-compulsivo, trastorno límite da personalidade e trastorno bipolar.

Esta actividade terá lugar o 25 de febreiro ás 20 horas no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A entrada libre ata completar capacidade previa reserva na web do evento.

The contents of this page were updated on 02.20.2023.