Skip to main content

Elba presenta 'La Magia Natural' no 'Lubicán Íntimo'

1/03/2023 - 20.30 horas

Casa do Saber

O concerto de artista compostelá, programado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, desenvolverase o mércores 1 de marzo, a partir das 20.30 horas. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo

A marcada estética é característica da obra de Elba. Fotografía: Bruno Braw
A marcada estética é característica da obra de Elba. Fotografía: Bruno Braw

A artista compostelá Elba (Elba Souto Pampín) presentará este mércores 1 de marzo, a partir das 20.30 horas, o LP ‘La Magia Natural’, un traballo de produción e composición propia, nun dos concertos incluídos no ‘Lubicán Íntimo’, un dos ciclos programados ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.

Elba é unha das voces máis singulares do panorama galego e nacional, cuxa produción artística camiña entre o clásico e o actual, entre o pop de radiofórmula e a vangarda ou entre Mecano e Wendy Carlos. Graduada en violín e canto lírico, a cantante e produtora santiaguesa constrúe o seu mundo e o seu propio selo de identidade a través do emprego de sintetizadores, voces atmosféricas e outros elementos artísticos.

A creación artística de Elba caracterízase tamén pola súa marcada estética, o que permite a esta artista compostelá abarcar ou, cando menos, achegarse a outras disciplinas artísticas como a danza, a cinematografía ou as artes plásticas, tal e como se pode apreciar en ‘La Magia Natural’.

The contents of this page were updated on 02.22.2023.