Skip to main content

Curso

Salon des Refusés

Do 21 ao 23 de abril

Neste curso, impartido por Miss Beige, imos experimentar co fracaso, con todas esas veces que nos dixeron que non.

Salon des Refusés
Salon des Refusés

O XXVII Festival Internacional de Teatro Universitario programa do 21 ao 23 de abril un curso de creación que nos convida a experimentar o fracaso como estímulo artístico. Da man de Miss Beige, alter ego da creadora, actriz e performer Ana Esmith, as participantes serán protagonistas do seu propio Salon de Refuses  (salón de rexeitadas/os) que ademais será aberto ao público ao final do curso.

Salon des Refusés

Lonxe do fracaso, preparados para o éxito, somos rápidos, astutos, intelixentes, seguros, bos, simpáticos, divertidos, falamos e colocámonos corporalmente ben... sabemos demasiado, facémolo demasiado ben.

Miss Beige propón o xogo como ferramenta para a procura individual cara ao descubrimento propio, abre un espazo para que cadaquén poida buscar, descubrir e achegarse a aquilo que xa ten. Diríxisese a  artistas, intérpretes, directoras/es e calquera persoa que utilice a súa persoa no proceso creativo e non é necesario currículo nin dossier artístico ou vídeobook.  Se queres arriscar e xogar cos teus erros aproveitándote das túas imperfeccións e profundar un pouco máis na túa implicación coa túa obra, Bienvenue.

Hai 12 prazas dispoñibles e outras 3 para participantes en calidade de oíntes. A taxa é de 150 euros para público xeral e de 120 euros para a comunidade universitaria. No caso das persoas que asistan como oíntes a taxas para o público xeral é de 120 euros e de 80 euros para a comunidade universitaria.

A inscrición está aberta ata o 17 de marzo en  en cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es)

Datas e horarios

  • Venres  21 de abril:  de 15:30 a 19:30 horas
  • Sábado 22 de abril: 10.30 a 14.30 e de 16.00 a 19.00 horas
  • Domingo 23 de abril: faráse unha hora de montaxe do resultado do taller con tres pases a valorar horarios co grupo unha vez comece o curso

 

The contents of this page were updated on 04.20.2023.