Skip to main content

'A transformación na era dixital. Estratexia e tendencias de futuro', a cargo de Laura Ríos

3/3/2023 - 16.00 horas

A enxeñeira de Montes e Líder de Machine Learning do equipo de Analytics dunha multinacional do sector retail con sede en Galicia presentará, a partir das 16.00 horas, proxectos de IA orientados a democratizar decisións de forma segura

Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC

A enxeñeira de Montes e Lider de Machine Learning do equipo de Analytics dunha das multinacionais do sector retais con sede en Galicia, Laura Ríos Pena, ofrece este venres, a partir das 16.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, a charla ‘A transformación na era dixital. Estratexia e tendencias de futuro’.

O relatorio de Ríos Pena, que se encadra dentro das actividades formtivas programadas no marco do mestrado en Dirección de Proxectos, servirá para dar conta ao público asistente como desenvolve o seu traballo mediante exemplos de diferentes proxectos de Intelixencia Artificial (IA) que teñen como obxectivo democratizar as decisións de forma segura e confiable.

Esta egresada da EPS de Enxeñaría da sede universitaria luguesa, onde completou as titulacións de Enxeñaría Técnica Forestal e Enxeñaría de Montes, para logo desenvolver un programa de doutoramento de Enxeñería para o Desenvolvemento Rural e Civil entre a USC e a Estación Biolóxica de Doñana, dependente do CSIC, aproveitará tamén a súa intervención no Mestrado en Dirección de Proxectos da USC para explicar as claves de como estas novas estratexias de traballo se poden implementar mediante o liderado nos cambios organizacionais.

The contents of this page were updated on 03.03.2023.