03.07.2023 | 13.00h
Con Yolanda Maneiro Vázquez

A Facultade de Dereito acolle o martes 7 de marzo unha conferencia de Yolanda Maneiro Vázquez, profesora titular de Dereito Laboral e da Seguridade Social da USC que se enmarca no programa de actividades do Día Internacional das Mulleres e que leva por título 'Coidando en igualdade: retos laborais da corresponsabilidade no coidado de maiores, enfermos e dependentes.
O relatorio arrancará ás 13.00 horas na Sala de Xuntas do centro e a participación é libre ata completar a capacidade da sala.