Skip to main content

Webinar

Tecnoloxías de Modelización, Simulación e Optimización nunha Contorna Dixital (MSO-ED): Unha aposta pola innovación intelixente

03.24.2023 | 10.00h-11.45h

organizado pola Plataforma Española de Tecnoloxías de Modelización, Simulación e Optimización nunha Contorna Dixital (PET MSO-ED) en colaboración coa Rede Española Matemática-Industria (math-in) e a Fundación Gadea

Webinar 'Tecnoloxías de Modelización, Simulación e Optimización nunha Contorna Dixital (MSO-ED): Unha aposta pola innovación intelixente'
Webinar 'Tecnoloxías de Modelización, Simulación e Optimización nunha Contorna Dixital (MSO-ED): Unha aposta pola innovación intelixente'

O webinar 'Tecnoloxías de Modelización, Simulación e Optimización nunha Contorna Dixital (MSO-ED): Unha aposta pola innovación intelixente' é un seminario en liña que se desenvolverá o 24 de marzo entre as 10.00 e as 11.45 horas. Está organizado pola Plataforma Española de Tecnoloxías de Modelización, Simulación e Optimización nunha Contorna Dixital (PET MSO-ED), que preside a Catedrática de Matemática Aplicada da USC Peregrina Quintela, en colaboración coa Rede Española Matemática-Industria (math-in) e a Fundación Gadea.

O obxectivo deste webinar é amosar o potencial das tecnoloxías MSO-ED na colaboración Academia – Industria, os mecanismos existentes para impulsar e facilitar esta colaboración, e o impacto que ten a súa implementación no tecido produtivo e no PIB. 
Na actividade, Peregrina Quintela presentará as infraestruturas actuais para facilitar a transferencia de coñecemento bidireccional entre o ámbito das matemáticas e a industria: a plataforma PET MSO-ED e a súa Hub MSO-ED  e math-in a nivel estatal. Tamén presentará o labor da EU-MATHS-IN OpenDesk que preside, un mostrador de servizos que coordina a transferencia de coñecemento das vinte redes estatais que conforman o  Stichting European Service Network of Mathematics for Industry and Innovation (EU-Maths-IN), cuxo nodo español é math-in.

O evento inclúe a mesa redonda 'Unha perspectiva sobre o potencial das Tecnoloxías MSO-ED na Industria' na que particará o  Catedrático de Matemática Aplicada da USC Alfredo Bermúdez de Castro canda relatores de procedencia moi diversa (universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos, empresas, o CDTI e a AEI), para expoñer e debater sobre a eficacia en innovación que proporcionan as ferramentas MSO-ED, e o impacto que a súa aplicación ten para o conxunto da sociedade.

 

The contents of this page were updated on 03.09.2023.