A actuación do cantante, guitarrista e composistor pontevedrés comeza ás 20.30 horas. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo

O cantante, guitarrista e compositor pontevedrés Santi Araújo ofrece este mércores un concerto, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber, no marco do ciclo ‘Lubicán íntimo’, pomovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.
Santi Araújo é deses artistas que non forzan os tempos, compón cando sente e escribe cancións para expresar o seu delicado mundo interior. Se con ‘Catedral’ xa deixou claro que a sofisticación é o seu selo, o seu último traballo, ‘Solta Ø Morde’, eleva esta dimensión a unha nova categoría. A voz de Araújo baila ao ritmo de psicodelia e de boleros xunto á de Leonor Watling e á de Anni B Sweet.