03.15.2023 | 12.30h-13.30h
O reitor Antonio López recibe o alumnado beficiario das Axudas para persoas refuxiadas da USC e dos programas Mulleres por África e Fundación Carolina

O mércores 15 de marzo a USC programa un encontro co alumnado beneficiario de axudas de cooperación internacional na USC que se desenvolverá no Salón de Graos do Colexio de San Xerome a partir das 12.30 horas.
Nel tomarán parte o reitor Antonio López, a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización María José López Couso e a coordinadora do programa de máster en Tecnoloxías en Márketing e Comunicación Política, Erika Jaráiz Gulías, que recibirán as persoas beficiarias dos programas Mulleres por África e Fundación Carolina, e das Axudas para persoas refuxiadas da USC.