20/3/2023 - 20.30 horas
A actuación da mezzosoprano Julia Portela Piñón e do pianista tamén lugués Luis Monsalve servirá de apertura do ciclo 'Na Calzada', promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural

A mezzosoprano Julia Portela Piñón e o pianista tamén lugués Luis Monsalve abren este luns, a partir das 20.30 horas, o ciclo ‘Na Calzada’ cun concerto de voz e piano na Casa do Saber de Lugo.
A actuación, que está incluída na programación organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provicial de Lugo, é de entrada libre e gratuíta ata completar o aforo.