Skip to main content

Semana internacional da Lingua Francesa e da Francofonía

Une semaine à tous les temps?

Do 20 ao 22 de marzo de 2023

Santiago de Compostela
Salón de Graos

Creada en 1995 por iniciativa do Ministerio de Cultura francés, a Semana internacional da Lingua Francesa e da Francofonía celébrase cada ano no mes de marzo

Une semaine à tous les temps?
Une semaine à tous les temps?

A área de Filoloxía Francesa da USC conmemora a Semana Internacional da Francofonía co ciclo 'Une semaine à tous les temps?' que do 20 ao 22 de marzo programa varias actividades culturais e divulgativas que poñen en valor a riqueza da lingua francesa e da cultura francófona.

As profesoras Montserrat López Díaz, Nuria Rodríguez Pedreira e Verónica Rodríguez Ferreiro coordinan un programa de actividades no que tamén participa o estudantado da Mención de Francés dentro do Grao en Linguas e Literaturas Modernas e máis integrantes do profesorado da área como Laurence Malingret, Manuel García Martínez, Marine Laffarge e Maëva Soive.

Conversas, proxeccións e actividades participantivas

O programa arrinca o luns 20 cunha actividade en liña, 'Fêtons ensemble la francophonie ! Dis-moi dix mots à tous les temps', que nos convida a expresar en dez palabras a nosa relación co tempo. 

O martes 21 iníanse as actividades de carácter presencial no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía. Laurence Malingret, vicedecana do centro, Mª Jesús Lorenzana Lamelo, asesora de idiomas do Servizo de Innovación e Programas educativos da Xunta de Galicia, e Montserrat López Díaz , integrante do comité de organización, tomarán parte no acto de presentación do ciclo ás 16.00 horas, no que se proxectará o vídeo La langue française dans le monde. A seguir, a sesión 'Étudiantes, étudiants, à vous de jouer !' abre un espazo participativo para que o estudantado comparta as súas producións escritas. A xornada continúa con dúas conversas divulgativas sobre aspectos culturais e lingüísticos que teñen a noción de tempo como fondo, o tempo tanto desde unha óptica diacrónica como sincrónica e dinámica: 'L´accélération de la modernité tardive', ás 17.00 horas, con Manuel García Martínez; e  'Les euphémismes, la langue de bois et le politiquement correct dans le français d’aujourd’hui', ás 17.20 horas con Montserrat López Díaz. A proxección do filme Paul Grüninger, le juste e o debate ao que dará paso poñen punto e final ás actividades do día. 

O programa mércores 22 de marzo inclúe dúas novas conversas divulgativas:  'Euphémismes et néologismes dans le domaine de l’emploi: quels enjeux en 2023?', ás 16.00 horas con Nuria Rodríguez Pedreira;  e 'La féminisation des noms de métiers: vers une modernité trompeuse', ás 16.20 horas con Verónica Rodríguez Ferreiro. Tras a pausa, haberá proxección e debate arredor do filme Illettré. O programa da semana pecha ás 19.00 horas no Salón de Graos nunha sesión que inclúe a proxección da curtametraxe Mini moi

O programa completo do ciclo 'Une semaine à tous les temps? está dispoñible nesta ligazón.

The contents of this page were updated on 03.22.2023.