Skip to main content

Debate

'CAR-T en Galicia, proxectos ao amparo da rede cooperativa de investigación'

03.21.2023 | 12.00h

Santiago de Compostela
En liña

Mesa redonda arredor da posta en marcha da Unidade Cooperativa de Invesgación en Terapias Avanzadas de Galicia

Cartel da actividade
Cartel da actividade

A sesión 'CAR-T en Galicia, proxectos ao amparo da rede cooperativa de investigación' ofrecerá o vindeiro martes 21 de marzo ás 12.00 horas un encontro con figuras expertas da investigación en materia de saúde para dar a coñecer os proxectos que abeirará a Unidade Cooperativa de Invesgación en Terapias Avanzadas de Galicia.

Moderada polo director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas  Jorge Aboal Viñas, a conversa contará coas intervencións de África González Fernández (de CINBIO- UVigo e Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur- IISGS), José Rivas Rey (do IMATUS da USC e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago-IDIS), María Mayán Santos (do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña-INIBIC), Ángel Carracedo Álvarez (pertencente ao CIMUS da USC ao IDIS e á , Fundación Publica Medicina Xenómica), Xosé Bustelo (do Centro de Investigación del Cáncer do CSIC  e da Universidade de Salamanca ) e Manel Juan Otero (da  Universidade de Barcelona, Hospital Clinic de Barcelona e  Instituto de Investigación Biomedica August Pi i Sunyer -IDIBAPS). 

A xornada poderá seguirse en liña previa inscrición no seguinte formulario

CarT Unidade Cooperativa de Invesgación en Terapias Avanzadas de Galicia

Ese mesmo martes, nas horas previas á celebración do encontro, realizarase unha visita Institucional ao Centro de Fabricación guiada pola responsable do Centro Fabricación de Terapias Avanzadas de Galicia, Mariona Baliu Piqué. 

A seguir,  ás10.30 horas a xerente de Galaria, Rocío Mosquera, abrirá o acto de sinatura e presentación do convenio para a posta en marcha da Unidade Cooperativa de Invesgación en Terapias Avanzadas de Galicia, que  contará coas intervencións do vicepresidente primeiro e Conselleiro de Economía, Industria e Innovación Francisco Conde López, do conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña, dos reitores das tres universidades públicas galegas,  Antonio López (USC), Julio Abalde (UDC) e Manuel Reigosa (UVigo). No acto de sinatura partiparán tamén Luis Verde Remeseiro, xerente da Área Sanitaria integrada da Coruña, Eloína Núñez Masid, xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza e Javier Puente Prieto, xerente da Área Sanitaria de Vigo.

 

The contents of this page were updated on 03.20.2023.