Skip to main content

Presentación do estudo

'Os medios, en Galicia e en España'

03.22.2023 | 10.00h

Santiago de Compostela
Auditorio

Metroscopia, o Foro Periodismo 2030 e a Fundación AXA convocan este encontro informativo na USC para a presentación do estudo demoscópico

Facultade de Ciencias da Comunicación. Foto: Andrés Fraga
Facultade de Ciencias da Comunicación. Foto: Andrés Fraga

A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acolle o mércores 22 de marzo a presentación do estudo 'Os medios, en Galicia e en España', unha sondaxe elaborada por Metroscopia, o Foro Periodismo 2030 e a Fundación AXA a partir dunha mostra de cinco mil persoas enquisadas na contorna estatal, das cales preto de 300 procedían de Galicia. 

O acto de presentación desenvolverase no Auditorio da Facultade a partir das 10.00 horas e contará coa presenza do reitor da USC Antonio López, da decana da Facultade de Ciencias da Comunicación Ana Isabel Rodríguez, e do presidente da Fundación AXA Josep Alonso, do Presidente do Foro Periodismo 2030 Fernando Jáuregui, e do seu director Sergio Martín.

Esta macroenquisa constitúe a maior sondaxe sobre medios realizada tras a pandemia e dá pe a un estudo que profunda nos datos obtidos sobre o consumo e aceptación dos medios pola cidadanía, as reaccións ante o xornalismo cidadán e as fake news, as subscricións e os muros de pago, a fiabilidade dos distintos soportes, o uso de redes sociais, ou a quebra xeracional no uso de información, entre outras cuestións. 

O acto de presentación do estudo diríxese ao alumnado e profesorado da USC e a profesionais dos medios de comunicación galegos.

The contents of this page were updated on 03.22.2023.