Destinada ao alumnado do último curso do Grao de Enfermaría

A Facultade de Enfemaría da USC programa o mércores 22 de marzo a VI Xornada de saídas profesionais para Enfermaría, un encontro destinado ao estudantado do último curso do grao co gallo de ofrecerlle unha ollada á variedade de oportunidades profesionais ás que poderá acceder ao remate dos estudos.
Entre as cuestións que se abordarán ao longo da xornada, atópanse a carreira investigadora e docenta, as especialidades da área, a inserción laboral no sistema público e vías menos coñecidas como a enfermaría no ámbito militar ou a cooperación internacional e outras opcións de traballo no estranxeiro. Cada unha das sesións da xornada contará cun coloquio posterior onde o alumnado poderá trasladar as súas dúbidas e inquedanzas ás relatoras e relatores participantes.
A Xornada desenvolverase dende ás 9.00 horas no Edificio Docente Novoa Santos e a asistencia é libre previa inscrición neste formulario.