Skip to main content

Seminario

'O Dereito do Traballo en tempos de cambio'

03.28.2023 | 09.00h

Sala de Xuntas

José María Miranda Boto e Yolanda Maneiro Vázquez dirixen este seminario de asistencia libre previa inscrición

Facultade de Dereito. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Dereito. FOTO: Santi Alvite

A Sala de Xuntas da Facultade de Dereito acollerá o 28 de marzo o seminario 'O Dereito do Traballo en tempos de cambio', un encontro dirixido por José María Miranda Boto e Yolanda Maneiro Vázquez. Dúas sesións de conversa ao longo da mañá afondarán nas mudanzas da área ante os cambios sociais e tecnolóxicos da man de especialistas no Dereito do Traballo e da Seguridade Social de diferentes universidades da contorna estatal. 

A decana da Facultade de Dereito, Ana Gude Fernádez, participará canda ao profesor Miranda Boto na inauguración do seminario ás 09.00 horas.

Xusto despois,  a profesora Yolanda Maneiro moderará a primeira delas que, baixo o título 'O tempora o mores' contará coas intervencións de Luis Enrique Nores Torres, da Universidade de Valencia; Ángeles Ceinos Suárez, da Universidade de Oviedo; e Remedios Menéndez Clavo, da Universidade de Alcalá. 

Finalmente, a sesión 'Deus et machina', moderada pola profesora da USC e secretaria do seminario Lidia Gil Otero, reunirá os relatorios de Beatriz Rodríguez Sanz de Galdeano, da Universidade Pública de Navarra, e Daniel Pérez del Prado, da Universidade Carlos III de Madrid. 

A participación no seminario é libre previa inscrición no enderezo lidia.gil.otero [at] usc.gal (lidia[dot]gil[dot]otero[at]usc[dot]gal)

 

 

The contents of this page were updated on 03.22.2023.