Skip to main content

Ciclo 'De Lugares e Órganos'

Recital Matinés 20'

04.06.2023 | 12.30h

Santiago de Compostela

Concerto de Marta López ao abeiro deste ciclo organizado por Compostela Cultura coa colaboración da USC

Ciclo De lugares e órganos
Ciclo De lugares e órganos

A Universidade de Santiago colabora un ano máis con Compostela Cultura no ciclo 'De lugares e órganos. Músicas e outras paisaxes de Compostela', unha iniciativa que busca difundir e celebrar a riqueza organística de Santiago de Compostela. 

Na súa oitava edición, o programa inclúe dous concertos que nos permitirán escoitar o órgano da Igrexa da Universidade. O primeiro deles, terá lugar o xoves 6 e abril ás 12.30 horas e adoptará o formato de Matiné 20', unha modalidade coa que a compostelá Marta López, profesora de clave do Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, interpretará un repertorio de 20 minutos de música da súa escolla, aproximándonos, ao tempo, ao seu oficio e práctica como organista.

O concerto ten entrada libre previa retirada de entradas na Zona C ou na páxina web de Compostela Cultura.

Marta López

Marta é unha especialista en instrumentos de tecla históricos nada en Santiago de Compostela. Comezou os seus estudos de órgano na súa cidade natal da man de Bruno Forst e como alumna dos cursos de Música en Compostela. Desenvolve a súa carreira profesional entre España e o Reino Unido, tras estudar clave e órgano con James Johnstone e Carole Cerasi. A súa actividade concertística lévaa a actuar no Reino Unido, España, Francia, Suíza, Italia e Noruega. En Londres é convidada como artista residente na casa museo Handel & Hendrix e o seu interese polos instrumentos de tecla históricos móvea a realizar concertos nos que percorre importantes coleccións como as de Fenton House, Hatchlands Park e Horniman Museum. Colabora, ademais, como continuísta con diversas orquestras como a Orchestra of the Age of Enlightenment, a Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Barroca Vigo 430, o Norwegian Wind Ensemble e o Eboracum Ensemble, entre outras. Traballou con directores como Philippe Herreweghe, John Butt, Paul Daniel, Enrico Onofri, Maximino Zumalave, Steven Devine, Robert Howarth e Eamonn Dougan. É convidada tamés ás academias da Orchestra of the Age of Enlightenment, Academy of Ancient Music e a Britten Pears Baroque Orchestra, entre outras formacións.

The contents of this page were updated on 04.04.2023.