Skip to main content

CineFilo

Proxección de 'Dhogs' e coloquio

04.11.2023 | 17.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Un filme de Andrés Goteira

Cartel da actividade
Cartel da actividade

O club de cinema da Facultade de Filoloxía programa o martes día 11 de abril ás 17.00 h a proxección en VOSE do filme Dhogs, do cineasta galego Andrés Goteira. O pase contará coa presenza do autor, que partipará nun encontro aberto co público.  A sesión desenvolverase no Salón de Actos do centro con acceso libre ata completar capacidade.

Cine Filo

Organizado pola Facultade de Filoloxía (Proxectos colaborativos) e coordinado pola Área de Filoloxía Catalá, o cineclub quere ser un punto de encontro a través do cine das linguas e culturas que se ofrecen na facultade, así como un espazo de colaboración e diálogo entre todos os membros da comunidade e veciñanza.

A programación deste primeiro ciclo (xaneiro-maio 2023) consta de 9 filmes que contan con presentación, un coloquio posterior e, eventualmente, a presenza de directoras e membros do equipo técnico. A actividade é aberta e de balde, e terá lugar quincenalmente os martes ás 17.00 h no Salón de Actos do centro. O seu seguimento estará recoñecido pola Facultade de Filoloxía como formación.

Programa de sesións
Programa de sesións
The contents of this page were updated on 04.12.2023.