Skip to main content

CEUXiC

Conversas sobre políticas e dereitos culturais

19 e 20 de abril

Libraría NÚMAX (Rúa de Concepción Arenal, 9) e Consello da Cultura Galega (Praza do Obradoiro)
Santiago de Compostela

O Curso de Experta/o Universitaria/o en Xestión Cultural da USC pon en marcha unha serie de encontros arredor de políticas e dereitos culturais que buscan servir de complemento á formación nas aulas

Conversas sobre políticas e dereitos culturais
Conversas sobre políticas e dereitos culturais

O CEUXiC da USC impulsa ao longo do mes de abril diversos encontros abertos o público e con acceso de balde que procuran mover á reflexión sobre as políticas e dereitos culturais e sobre o relato que se fai deles. 

O primeiro dos actos terá lugar o mércores 19 de abril ás 20.30 horas na libraría NÚMAX. Nel participará a investigadora cultural e deputada na Asamblea de Madrid Jazmín Beirak, autora do ensaio Cultura Ingobernable. Guiará a conversa o investigador, mediador cultural e docente do CEUXiC, Fran Quiroga. Trátase dunha actividade con entrada libre, ata completar a capacidade do local.

O segundo encontro, programado o xoves 20 de abril das 11.00 ás 13.30 horas, desenvolverase no Consello da Cultura Galega. Baixo o título 'Políticas e Dereitos Culturais', este evento arrancará coa intervención do coordinador do Curso, Sergio Lago, quen ofrecerá unha panorámica das iniciativas lexislativas estatais e internacionais promovidas arredor dos Dereitos Culturais da cidadanía. A seguir, o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo e a subdirectora xeral de Arquivos e Museos, Carmen Calviño, afondarán na Lei de Cultura Inclusiva e Accesible de Galicia, unha normativa, pioneira no contexto estatal, que se atopa actualmente en tramitación. Finalmente, a mesa redonda 'Dereitos culturais, puntos de consenso para unha protección lexislativa',  permitirá analizar o sector dende o punto de vista do ámbito lexislativo grazas a unha conversa na que participarán Jazmín Beirak, investigadora cultural e deputada na Asemblea de Madrid, e o asesor de cultura na Deputación da Coruña e xestor cultural Xavier Campos. Tamén neste caso o acceso é de balde ata completar a capacidade da sala. 

 

The contents of this page were updated on 04.20.2023.