Skip to main content

Pasaxes | Seminario permanente de Teoría Literaria e Análise Cultural

'Mirada sensible e contemporaneidade'

04.17.2023 | 11.00h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

O dramaturgo e director teatral Sergio Blanco participa na segunda edición deste seminario promovido pola área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da USC

Cartel do seminario
Cartel do seminario

O 'Pasaxes. Seminario permanente de Teoría literaria e Análise cultural' é unha iniciativa da área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Instituto de Investigacións Bibliográficas da Universidade Nacional Autónoma de México. Ten por finalidade converterse nun foro propicio para o intercambio de ideas con especialistas en estudos literarios e culturais. Neste sentido, o seminario non só aposta por un mellor coñecemento dos avances teóricos e metodolóxicos que se están realizando desde outros ámbitos e espazos de coñecemento, senón que tamén reivindica a necesidade dun pensamento situado e cooperativo para abordar problemáticas que exceden calquera tipo de fronteira. Nesta segunda edición de Pasaxes, o dramaturgo e director teatral Sergio Blanco propón un seminario aberto titulado 'Mirada sensible e contemporaneidade' que se desenvolverá no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía o 17 de abril ás 11.00 horas. 

Sergio Blanco

Dramaturgo e director teatral franco-uruguaio, Sergio Blanco viviu a súa infancia e a súa adolescencia en Montevideo e reside actualmente en París. Logo de realizar estudos de Filoloxía Clásica decidiu dedicarse de maneira total á escritura e á dirección teatral. As súas pezas foron distinguidas en reiteradas oportunidades con varios primeiros premios, entre eles, o Premio Nacional de Dramaturxia do Uruguai, o Premio de Dramaturxia da Intendencia de Montevideo, o Premio do Fondo Nacional de Teatro, o Premio Florencio ao Mellor Dramaturgo, o Premio Internacional Casa das Américas e o Theatre Awards ao mellor texto en Grecia. En 2017 e 2020, as súas pezas Tebas Land e  La ira de Narciso reciben o prestixioso premio británico Award Off West End en Londres. A súa obra entra ao repertorio da Comedia Nacional de Uruguai en 2003 e 2007 coas súas pezas .45’ e Kiev e en 2022 coa súa obra O salto de Darwin. Entre os seus títulos máis coñecidos destácanse Slaughter, .45’, Kiev, Barbarie, Kassandra, El salto de Darwin, Tebas Land, Ostia, La ira de Narciso, El bramido de Düsseldorf, Cuando pases sobre mi tymba e Tráfico. Varias das súas obras foron estreadas no seu país e no estranxeiro, e a maioría delas traducidas a distintas linguas e publicadas en diferentes países. En marzo do 2022 estrea a súa peza Zoo no soado Teatro Piccolo de Milán que lle valeu o Premio ao mellor espectáculo estranxeiro e en decembro dese mesmo ano foi distinguido no seu país de orixe co Premio Morosoli de Prata pola súa Traxectoria. Nestes últimos anos os seus espectáculos percorreron os festivais internacionais do mundo enteiro e o seu teatro ao ser posto en escena nos cinco continentes convérteno nun dos dramaturgos da lingua española máis representado do seu tempo.

 

The contents of this page were updated on 04.14.2023.