Skip to main content

Xornada

'Pensar a Idade Media Contemporánea'

17 e 18 de abril de 2023

Santiago de Compostela
Sala de Profesores

O Grupo de Investigación Iacobus da USC e a Socidade Española de Estudos Medievais organizan este encontro que se desenvolverá os días 17 e 18 de abril na Facultade de Xeografía e Historia

Detalle do cartel da xornada
Detalle do cartel da xornada

A Idade Media é un período histórico que abarca desde o século V ao XV, e que naceu como idea no século XVI. Nese momento acoutouse como "medieval" o que sucedeu durante eses mil anos, e empezouse a empregar o seu contido en diferentes épocas e con intereses múltiples no político, o intelectual, o cultural, o económico ou o social. Tomando como base esta idea, a Xornada de Traballo 'Pensar a Idade Media Contemporánea' inscríbese no estudo do medieval e o seu uso nos diferentes presentes contemporáneos.

Organizada polo Grupo de Investigación Iacobus e a Socidade Española de Estudos Medievais, a Xornada desenvolverase do 17 ao 18 de abril de 2023 na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia. Juan Manuel Monterroso e Israel Sanmartín, docentes e investigadores da USC, darán apertura ás 09.15 horas do luns a este encontro cuxo obxectivo é reflexionar sobre a utilización do medievo en diferentes 'momentos actuais' desde un punto de vista práctico e/o teórico, e expor cal é o significado do que uns denominan 'Idade Media Contemporánea', outros 'Neomedievalismo' e algúns 'Postmedievalismo'.

Cara a ese fin, a Xornada centrarase en seis eixos fundamentais:  a España medieval na España Contemporánea, da man de Montserrat Ribao (Universidade de Vigo) e Raquel Crespo (Universidad Rey Juan Carlos), nunha mesa que moderará José Miguel Andrade (USC);  as mulleres medievais na actualidade, con Gema Vallín (Universidade da Coruña), Marta Cendón (USC) e Diana Pelaz (USC), nunha sesión moderada por M. Ribao;  os problemas historiográficos da Idade Media Contemporánea, nas intervencións de Antonio Huertas (Universidad Rey Juan Carlos) e Santiago Gutiérrez (USC), moderadas por Fernando López Alsina (USC);  a Idade Media entre a historia e a arte contemporáneas, con María Luz Ríos e David Chao (da USC), moderadas por A. Huertas;  os usos da Idade Media Contemporánea, grazas a unha sesión moderada por R. Sampredro na que intervirán Xosé M. Sánchez e Israel Sanmartín (USC) ; e as textualidades medievais e neomedievales, nun seminario de investigación con Antonio Huertas e Raquel Crespo Vila (Universidad Rey Juan Carlos).

Cartel da actividade
Cartel da actividade
The contents of this page were updated on 04.14.2023.